About this Event
Queres comezar a ser DJ en festas de baile swing? Xa seleccionas música para festas de baile e queres reflexionar e compartir as túas reflexións sobre o tema? Queres aprender novas ferramentas técnicas para ser máis versátil nas túas pinchadas?
O curso proponse como un laboratorio no que experimentar e falar dende as nosas experiencias persoais, sexan as que sexan: como persoas que asistimos e bailamos en festas swing, como persoas que xa tivemos experiencias na selección de música swing para uns ou outros contextos, ou incluso para DJs de swing con experiencia en pinchar en festas ou festivais de swing.
Compartir experiencias, reflexións, lecturas, enfoques á hora de seleccionar, coñecementos técnicos, sempre co obxectivo de medrar xuntes, e ofrecer unha boa calidade musical nos nosos eventos sempre dende o amor e o respecto por esta música e este baile no que estamos convidados a participar.
PROGRAMA
11.00h-14.00h: SESIÓN TEÓRICO-PRÁCTICA
UNIDADE 1: Ser DJ e ser DJ de swing
UNIDADE 2: Swing: tronco, raíces, ramas, froitos, flores…
UNIDADE 3: Que pinchar? Onde? Cando? Por que?
15.30h-18.30h: SESIÓN PRÁCTICA
Nesta sesión organizarémonos en grupos de traballo para:
Familiarizarnos cun software para DJs e as ventaxas que nos ofrece
Simulación dunha pinchada swing
Buscar e organizar a nosa biblioteca no ordenador
PREZO: 60€ / 50€ para alumnes de Swing On
IMPARTEN: Swing On DJS
Elena e Jorge levan máis dunha década como DJs de swing, dende que fundaron a súa escola Swing On Vigo.
Ao longo dos anos foron atesourando unha colección musical repleta de grandes clásicos da era do swing, entre os que se atopan os grandes himnos de calquera lindy hopper, e tamén algunhas xoias menos coñecidas, pero que valen ouro nas pistas de baile. Nas súas sesións poderás atopar moito da big band era, con flashes bebopeiros, hardbopeiros e outros temas das vertentes máis bailables do jazz.
Ademáis de poñer música en máis dun centenar de festas swing e festivais de jazz por toda Galiza, tamén participaron en festivais por toda a península como o Stomp Your Feet (Barcelona), Spring Lindy Weekend (Pamplona), Down By The Riverside (Bilbao), Blue Monday (Oporto), BeSwing (Ventalló) ou SwingMazo (Cantabria)
Dance Styles
Lindy Hop (100%)
Pricing
Students:€50.00
Regular:€60.00
Organizer
S
