About this Event
Organizado polas nosas alumnas de Cangas, sempre con esa enerxía positiva que desprenden, a Xuntanza Swinjeira é un evento que se celebra o primeiro xoves de cada mes no Salason Cangas.
A idea é bailar, escoitar música e tomar unhas cañas! E nesta ocasión o Salason terá canciños alemáns e cervexa para celebrar o San Martiño Fest!
Ademais, este xoves haberá sorpresa! O noso profe Pablo Ojea impartirá unha clase de vintage jazz ao inicio da xuntanza, a clase será de media horiña, así que non chegues tarde! E se nunca bailaches swing, non te preocupes, participa na clase, e despois da clase quédate a tomar algo, que a xente che axudará a dar os teus primeiros pasiños.
19.30h: Clase aberta de vintage jazz
20.00h: Baile social
Entrada libre.
Anímate e trae colegas!
Dance Styles
Lindy Hop (100%)
Organizer
S
Salason Cangas
S
